Galicia en Común pide con carácter urxente que se poña en marcha o proxecto da Biblioteca do Estado en Vigo

«Se se deixa o proxecto para o 2020 non teremos Biblioteca en Vigo en catro anos», denunciou Yolanda Díaz.
Publicado por o día 17/09/2019 na sección de En Común Unidas Podemos,Galicia,Política,Vigo

Galicia en Común pide con carácter urxente que se poña en marcha o proxecto da Biblioteca do Estado en Vigo

O Goberno vén de responder a Galicia en Común que o obxectivo do Ministerio de Cultura será diseñar o proxecto básico da Biblioteca do Estado en Vigo para o ano 2020.

«Ante as preguntas de Galicia en Común sobre a Biblioteca do Estado en Vigo, unha vez máis sorpresa pola resposta do Goberno en funcións porque argumentan que non teremos proxecto de execución non antes do 2020», denunciou a voceira Yolanda Díaz.

O obxectivo do Ministerio sería dispoñer do proxecto básico no ano 2020 para a tramitación de licencias e autorizacións, polo que o proxecto de execución non sería ata o 2021.

«Se non temos proxecto antes de 2020 é que non teremos Biblioteca do Estado en Vigo ata dentro de polo menos 4 anos», denunciou Díaz.

A deputada lembrou que estamos pedindo que con «carácter urxente» se execute e se practique o proxecto de execución e que procedan -parécenos ben que os técnicos elixan a fórmula do solar- á licitación das obras para que nun prazo razonable de tempo ter rematadas as obras».

Comentar noticia

Your email address will not be published.