Galicia en Común pide explicacións ao ADIF e ao Ministerio de Transportes polos dous vagóns volcados ao río Sil, en Valdeorras

O compromiso do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias é abrir unha investigación interna que depure responsabilidades
Publicado por o día 04/08/2020 na sección de En Común Unidas Podemos,Política

Galicia en Común pide explicacións ao ADIF e ao Ministerio de Transportes polos dous vagóns volcados ao río Sil, en Valdeorras

O grupo parlamentario de Galicia en Común vén de poñerse en contacto co ADIF, presidido por Isabel Pardo de Vera, e co Ministerio de Transportes para pedirlles explicacións en relación aos vagóns que o administrador de infraestruturas ferroviarias volcou ao río Sil na tarde de onte.

Dende Galicia en Común trasladáronselle dúas cuestións que o grupo considera prioritarias e que tanto o ADIF como o Ministerio se comprometeron a levar a cabo á maior brevidade posible.

Por unha banda, que se retiren os convois e se repoña ambientalmente a zona, ao contar os vagóns con elementos contaminantes que danan o ecosistema fluvial; e por outro lado, que se abra unha investigación interna e se depuren responsabilidades.

O grupo parlamentario no Congreso manterase vixiante e en permanente comunicación con ambos organismos para que se cumpran os compromisos adquiridos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.