Galicia mobilizouse a prol dun pacto para unha reconstrución social do país que non deixe a ninguén atrás

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia convocaron para a fin de semana oito mobilizacións coa reivindicación dun pacto para a reconstrución social do país e que non se deixe a ninguén atrás. Estas mobilizacións enmárcanse nunha campaña estatal que contará cincuenta concentracións e manifestacións so o lema «Imos saír».

Case todas as mobilizacións foron o domingo, 28 de xuño, e nelas as reivindicacións a prol deste pacto confluíron tamén coas propias do Día do Orgullo LGBTI. Na Coruña, con todo, a acción reivindicativa adiantouse un día, para confluír coa manifestación que xa había convocada en defensa dos sectores industriais galegos.

Recoñecemento para a clase traballadora

Na presentación destas mobilizacións, o pasado día 25, o secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, destacaba o «compromiso da clase traballadora» durante a pandemia, especialmente dos milleiros de traballadoras e traballadores «que continuaron traballando para que unha parte moi relevante da sociedade puidese confinarse». Por esta razón, as concentracións da fin de semana deberían ser tamén «un recoñecemento» a estas persoas «que seguiron traballando, moitas veces sen as proteccións axeitadas», labor realizado, fundamentalmente, en sectores altamente feminizados e precarios.

CCOO e a UGT reclaman das forzas políticas un consenso que xa existe na sociedade civil para saír nas mellores circunstancias desta crise. O futuro pasa polo fortalecemento dos servizos públicos, que son a gran ferramenta da que se dispuxo para loitar contra a COVID-19. Así, hai que desmontar a falacia das privatizacións que se nos vendeu e pola que case se afunde este país. Hai que insistir en demandar uns servizos públicos de calidade, con empregos de calidade e con financiamento suficiente. A día de hoxe estase lonxe dos obxectivos de converxencia coa UE: o gasto sanitario é o 6 % do PIB galego, fronte ao 7,9 % do resto da UE.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario