Galicia pechou o primeiro semestre do ano como a comunidade que mellor paga as súas facturas, segundo os datos do Ministerio de Facenda

O período medio de pago de Galicia en xuño foi de 13,8 días, o máis baixo de España, fronte aos 36,2 días da media autonómica
Publicado por o día 10/09/2019 na sección de Economía,Galicia

Galicia pechou o primeiro semestre do ano como a comunidade que mellor paga as súas facturas, segundo os datos do Ministerio de Facenda

Galicia pechou o primeiro semestre do ano como a comunidade autónoma que mellor paga as súas facturas, segundo reflicte o último informe sobre ‘Prazos de pago a provedores e débeda comercial das Comunidades Autónomas’, publicado hoxe polo Ministerio de Facenda.

O período medio de pago en Galicia reduciuse a 13,8 días, o máis baixo de toda España, mentres que a media autonómica situouse nos 36,2 días. Os datos oficiais da Administración do Estado mostran tamén que este indicador en Galicia mantívose 16 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días.

En canto á débeda comercial, os datos do informe elaborado pola Secretaría de Estado de Facenda sitúan a Galicia de novo como a comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no mes de xuño no 0,11%, a máis baixa de toda España e inferior á media autonómica, que foi do 0,39%. Ao peche do primeiro semestre do ano, a débeda comercial do conxunto das comunidades autónomas era de 4.898,5 millóns de euros, dos que 70,3 millóns –o 1,4% do total- corresponden a Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.