Galicia ProFilme afonda nas claves para a presentación de proxectos ás axudas europeas MEDIA

A Agadic organiza o 21 de marzo na súa sede da Cidade da Cultura unha nova sesión deste ciclo formativo para profesionais da industria audiovisual galega

As axudas do subprograma europeo MEDIA serán obxecto dunha nova sesión informativa para os profesionais do audiovisual galego que a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza en colaboración coa Oficina MEDIA España. Esta xornada terá lugar o vindeiro martes 21, ás 16.30 horas, na sede da Agadic na Cidade da Cultura, en Santiago, como parte do seu ciclo formativo Galicia ProFilme.

Peter Andermatt, director da Oficina MEDIA España, desprazarase a Compostela para achegarlles aos asistentes as claves da convocatoria de axudas ao desenvolvemento de contidos de proxectos individuais, aberta ata o 20 de abril.

Ademais da análise do tipo de proxectos máis aptos para seren presentados a MEDIA e dunha guía práctica para realizar as solicitudes, Andermatt ofrecerá datos sobre os resultados máis recentes destas axudas a nivel europeo e unha visión panorámica dos títulos españois seleccionados nos últimos dez anos. Entre eles, atópanse varias producións con participación galega como ‘Mimosas’, de Zeitun Films, ou ‘As troitas cantan ao mencer’, de Abano Producións, así como Vaca Films como unha das tres empresas españolas adxudicatarias na última convocatoria da liña Slate Funding.

Reunións personalizadas

As produtoras teñen tamén a posibilidade de solicitar reunións co responsable da Oficina MEDIA, que terán lugar o propio martes 21 e o mércores 22 en horario de mañá co obxectivo de atender de xeito personalizado as dúbidas concretas sobre o desenvolvemento dos seus proxectos. Tanto a sesión informativa como as consultas individuais son actividades de acceso gratuíto, previa inscrición no correo electrónico audiovisual.agadic@xunta.gal.

A Xunta, a través da Agadic, forma parte desde 2015 do padroado da Fundación MEDIA España, dedicada á difusión das posibilidades de financiamento europeo e á captación de fondos MEDIA do programa Europa Creativa para proxectos españois.

Cartaz



Publicado por Noticias Vigo

Noticias de última hora en Vigo

ETIQUETAS:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Vigo Marketing

http://www.vigomarketing.com

Diseño web, posicionamiento, marketing y publicidad en Vigo

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá