Galicia rexistra 27 mortes pola COVID e 19.768 casos activos

A día de hoxe hai 18.614 pacientes en seguimento nos seus domicilios
Publicado por o día 25/01/2021 na sección de Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad

Hoxe informamos do facelecemento de 27 persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Estes falecementos non se produciron todos hoxe, senón que hai algúns dos últimos días da semana pasada, pero foron validados hoxe por Saúde Pública, logo de confirmarse que faleceran por covid-19.

Día 22:
Muller de 84 anos no CHUS
Muller de 82 anos no CHUS
Home de 84 anos no CHUS
Muller de 84 anos na residencia integrada CEGADI. Procedía da residencia DOMUSVI de Ribeira.

Día 23:
Muller de 89 anos na residencia DOMUSVI de Carballo
Muller de 90 anos na residencia integrada CEGADI. Procedía da residencia DOMUSVI de Ribeira.
Muller de 74 anos no CHUVI.
Muller de 58 anos no CHUVI.

Día 24:
Home de 84 anos no Hospital de Verín.
Home de 85 anos no CHUF.
Home de 68 anos no Hospital Quirón da Coruña.
Home de 89 anos no CHUVI
Muller de 88 anos no Hospital Virxe da Xunqueira.
Muller de 88 anos no CHUO.
Home de 94 anos no CHUF
Muller de 76 anos na residencia DOMUSVI de Carballo.
Muller de 87 anos no CHUF. Procedía da residencia Mi Casa de Ferrol.
Muller de 91 anos no Hospital HM-Modelo Belén da Coruña.
Home de 84 anos no CHUO.
Home de 83 anos no CHUF.
Muller de 67 anos no CHUF
Home de 95 anos no Hospital da Mariña.
Home de 60 anos na residencia DOMUSVI de Carballo.
Home de 91 anos na residencia DOMUSVI de Carballo.

Día 25:
Home de 92 anos no Hospital de Monforte.
Muller de 78 anos na residencia DOMUSVI de Carballo.
Muller de 83 anos no CHUAC.

Todos eles tiñan patoloxías previas

Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 19.768, deles 5.225 son da área da Coruña, 1.731 da de Lugo, 2.761 da de Ourense, 1.818 da de Pontevedra, 3.542 da área de Vigo, 3.118 da de Santiago, e 1.573 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 161 están en UCI, 993 en unidades de hospitalización e 18.614 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 66.800 persoas curadas, rexistrándose 1.622 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.334.415.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 66.899.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

TOTAL GALICIA
DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS
19.768
               553 usuarios
               265 profesionais
FALECEMENTOS
1.622
               281 en residencias
              363 en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.