Galicia rexistra un total de 21.293 casos activos por coronavirus e falecen 10 persoas nas últimas horas

A día de hoxe hai 20.022 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 21.293, deles 5.679 son da área da Coruña, 1.954 da de Lugo, 2.980 da de Ourense, 2.022 da de Pontevedra, 3.680 da área de Vigo, 3.309 da de Santiago, e 1.669 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 178 están en UCI, 1.093 en unidades de hospitalización e 20.022 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 68.237 persoas curadas, rexistrándose 1.669 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.357.642.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 73.201.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

TOTAL GALICIA
DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS
21.293
                 542 usuarios
                 285 profesionais
FALECEMENTOS
1.669
                 288 residencias
                 367 en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

 

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS

 
 
TOTAL GALICIA
 NÚMERO DE POSITIVOS
3.400
 AULAS PECHADAS
160
 CENTROS PECHADOS
9

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Os falecidos nas últimas 24h

Muller de 90 anos, no CHUAC.
Home de 76 anos, no CHOP.
Home de 88 anos, no CHUAC.
Muller de 86 anos, falece na residencia DOMUSVI de Carballo.
Muller de 51 anos, no CHUAC (procedente da residencia Pai Menni de Betanzos).
Muller de 94 anos, no CHUAC.
Muller de 90 anos, en POVISA.
Muller de 87 anos, no CHUS.
Muller de 90 anos, no CHUO.
Muller de 83 anos, falece na residencia DOMUSVI de Carballo.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM