Galicia rexistra un total de 4.379 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.379, deles 745 son da área da Coruña, 462 da de Lugo, 1.482 da de Ourense, 507 da de Pontevedra, 464 da área de Vigo, 597 da de Santiago, e 122 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 170 en unidades de hospitalización e 4.174 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.713 persoas curadas, rexistrándose 784 falecementos. Nas últimas horas producíronse catro novos falecementos en centros hospitalarios. Trátase de dous homes de 59 e 74 anos, que estaban ingresados no CHUAC, e dúas mulleres de 83 e 88 anos que estaban ingresadas no CHUAC e no CHUS, respectivamente. Todos eles presentaban patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 549.104.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario