Galicia rexistra un total de 9.952 casos activos por coronavirus

Publicado por o día 10/11/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Sanidad,Xunta de Galicia

Galicia rexistra un total de 9.952 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.952 deles 1.898 son da área da Coruña, 1.148 da de Lugo, 1.021 da de Ourense, 1.247 da de Pontevedra, 2.455 da área de Vigo, 1.170 da de Santiago, e 1.013 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 95 están en UCI, 514 en unidades de hospitalización e 9.343 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 31.573 persoas curadas, rexistrándose 1.009 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 756.759.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.