Galicia será pioneira en implantar certificacións ambientais no sector do granito

A Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia (FCTGG) acolleu onte a celebración dunha Xornada sobre Sistemas de Xestión de Minería Sostenbile, no que participou como relator o experto José María Sánchez.
Publicado por o día 01/11/2019 na sección de Galicia,O Porriño

Galicia será pioneira en implantar certificacións ambientais no sector do granito

“Galicia será pioneira en implantar certificacións ambientais no sector do granito”. Así o expuxo esta mañá Jose Anxo Lorenzo, coordinador do Consello Directivo da Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia (FCTGG), no decurso dunha xornada técnica celebrada nas instalacións da entidade cuxo obxectivo foi o de formar ás empresas do sector en sustentabilidade e boas prácticas ambientais.

“A actividade mineira e as súas extensións están agora mesmo postas en cuestión desde un punto de vista social e ambiental”, recoñeceu Lorenzo. “A única forma de xerar unha minería sustentable é implantar selos e certificacións transparentes e acreditadas que evidencien que a actividade é perfectamente sustentable nos planos ambiental, económico e social”, engadiu.

Guía técnica

Por este motivo, a FCTGG está a elaborar unha Guía para a implantación de sistemas de xestión mineira sustentable no sector do granito, cuxo primeiro borrador divulgarase en decembro e que estará lista no primeiro trimestre de 2020. “Trátase dun documento con recomendacións e aplicacións para empresarios e técnicos que axude a divulgar que pasos é necesario acometer para lograr estas certificacións e cuxa elaboración conta co apoio da Xunta de Galicia”, destacou o coordinador do

Consello Directivo da FCTGG

A publicación resultante final “redundará nun beneficio xeral a nivel ambiental, social e económico, pois a súa aplicación contribuirá, sen dúbida a fortalecer a súa imaxe tanto a nivel nacional como internacionalmente”, engadiu.

Un piloto desde Galicia

Pola súa banda, José María Sánchez, doutor enxeñeiro en Minas e consultor sénior de Grupo Soil, que é experto na aplicación das Normas UNE 22470 e UNE 22480, foi o encargado de impartir o relatorio principal da xornada técnica celebrada no Porriño.

Precisamente, respecto diso da publicación que prepara a FCTGG sinalou que “constituirá o piloto dunha guía máis xeral que sairá en maio e que abarcará aos diferentes subsectores da minería”.

Xunto a isto, na súa intervención, José Mª Sánchez insistiu na idea de que xestionar a actividade mineira tendo en cuenta unicamente os indicadores financeiros tradicionais é un erro, pois menospreza a importancia dos activos intanxibles desa empresa, ou o que é o mesmo, deixa fóra a relación directa coas partes interesadas: os empregados, os consumidores, e a sociedade en xeral.

Na correcta aplicación das normas UNE, ás que o sector mineiro non debe permanecer alleo, é necesario contar cun cadro de mando integral que permita ter unha perspectiva global do desempeño do negocio e aproveitar as oportunidades que isto lle brinda “tamén desde os puntos de vista ambiental e social”.

Correcta aplicación das normas

José María Sánchez aludiu finalmente na súa intervención á correcta aplicación das normas UNE 22470 e UNE 22480, a través das que se especifican os requisitos dun sistema de xestión mineiro cuxa finalidade última é facilitar ás organizacións dese sector de actividade, independentemente do seu tamaño, unha ferramenta que facilite a consecución dos obxectivos ambientais, sociais e económicos, que conforman as tres patas da sustentabilidade e que son imprescindibles para a implantación dun sistema de xestión mineira sustentable.

Incidiu, ademais, na idea de que estas tres dimensións do conxunto convencional de sustentabilidade velan, ademais de por a economía e polo medio ambiente, por un compoñente social que, para a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito é fundamental e que ten en conta factores tan relevantes como a protección do patrimonio cultural, a comunicación co ámbito de influencia socioeconómica, a formación e o emprego e, por suposto, a seguridade e a saúde dos traballadores.

Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia. Inscrita non Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego. Rexistrada con número 2004/01.

Ámbito de influencia socioeconómico

“É importante definir o que se chama o ámbito de influencia socioeconómico da actividade mineira. Determinar aquelas zonas nas que está a influír socialmente e ambientalmente desde as empresas.

Apostar por lograr amplo porcentaxes de man de obra local ou por favorecer a subministración de compras e servizos na zona de influencia máis próxima”, destacou relatora. “E, tamén, vixiar para que as subcontratas, en caso de existir, cumpran estas mesmas premisas”, engadiu. Por último, referiuse tamén á importancia de “favorecer a formación, a prevención de riscos e a seguridade no traballo”.

Apostar por actitude responsable, en palabras de José María Sánchez, non é incompatible coa necesidade de facer máis competitivas ás organizacións, sen diminución na calidade dos produtos e servizos que proporcionan.

Finalmente, na xornada tamén interviñeron as técnicas da Cámara Oficial Mineira de Galicia, María Vázquez e Luisa Álvarez. A primeira delas sinalou na súa intervención que “a colaboración das empresas é fundamental para implantar un sistema de xestión mineira sustentable” e que “o aproveitamento de recursos, os beneficios económicos e a repercusión social son prioritarios á hora de implantar este sistema normativo”. Pola súa banda, a segunda técnica destacou que “na aplicación da norma hai 60 indicadores que son de aplicación prioritaria”.

Unha serie de xornadas

A xornada de hoxe foi a primeira dunha serie de foros técnicos que a FCTGG impulsará ata finais de ano –segundo indicou José Ángel Lorenzopara contribuír a “posicionar o granito galego, un material que, polas súas particularidades, é único no mundo”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.