Galicia será a sede do 21 Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria

​Galicia será a sede da 21 edición do Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria. Así vén de anunciarse no remate da vixésima edición que se está a celebrar en Andalucía
Publicado por o día 03/04/2017 na sección de Eventos,Galicia,Sanidad,Vigo,Xunta de Galicia

Galicia será a sede do 21 Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria
​Galicia será a sede da 21 edición do Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria. Así vén de anunciarse no remate da  vixésima edición que se está a celebrar en Andalucía.
O congreso, que ten lugar cada dous anos, converteuse nos últimos tempos na principal cita para o persoal directivo sanitario e ten como obxectivo principal abordar a xestión sanitaria en xeral, os novos retos e a innovación da sanidade, así como favorecer o intercambio de experiencias.
Nas últimas edicións, realizadas en Sevilla, Alicante, Bilbao e Madrid, congregou a arredor de 2.600 participantes, implicou a arredor de 200 expositores comerciais e contou cun alto nivel participativo tanto na área científica como de patrocinios.
Neste sentido, cómpre lembrar que a celebración de eventos como os congresos e convencións deste tipo constitúe unha importante actividade de dinamización económica, tanto dende o punto do vista local como da autonomía, pola súa capacidade de xeración de ingresos, emprego e turismo.
O presidente do comité organizador do Congreso, que xa foi designado, será o xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, Ramón Ares Rico.