Galicia terceira no autonómico de Kaiak Polo

Publicado por o día 08/10/2018 na sección de Deportes,Piragüismo

Galicia terceira no autonómico de Kaiak Polo

O pasado fin de semana disputábase nas instalacións de Porta do Hierro en Madrid o campionato de España de Federacións Autonómicas de Kaiak Polo. A federación galega presentaba o mellor equipo da súa historia que lle fixo subirse ao podio da clasificación xeral do torneo.

A suma de todos os puntos conseguidos polos equipos senior masculino e feminino, así como os conxuntos sub 21 e Sub 16 déronlle o terceiro posto a Galicia que sumaba 169 puntos, fronte aos 171 da comunidade valenciana e os 170 puntos de Madrid.

Polo que respecta ás clasificacións por equipos o conxunto das mozas senior venceu na súa categoría por diante de Madrid e Valencia. Mentres que a clasificación sub 21 terminaba cos galegos en terceira posición e doutra banda o equipo sub 16 ocupaba o segundo lugar do podio.