Galicia xa conta con un total de 10.215 casos activos por coronavirus máis de 1.100 contaxios en 24 horas

Récord de probas PCR realizadas (10.752) e de positivos (1.025)

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.215 deles 2.469 son da área da Coruña, 945 da de Lugo, 1.348 da de Ourense, 867 da de Pontevedra, 1.893 da área de Vigo, 1.983 da de Santiago, e 710 da de Ferrol.

Galicia leva tres xornadas consecutivas batendo récords de contaxios e de subas de casos. Hoxe o Sergas rexistrou máis de 1.190 novos contaxios, dos cales 1.025 foron confirmados por PCR, a maior cifra dende que hai datos oficiais.

Así, rozamos o pico da pandemia, a comezos de novembro, con 10.215 casos activos, 736 máis ca onte, outra marca de récord.

Medra a cifra de persoas ingresadas

A presión hospitalaria tamén segue incrementándose de xeito preocupante. Hai 545 persoas ingresadas, 34 máis ca onte: 463 en planta (+25) e 82 nas UCI (+9).

No que vai de pandemia faleceron no país xa 1.480 persoas, logo da notificación do Sergas de seis pasamentos por mor da covid-19.

Récord de PCR e positivos

Tamén se disparan as probas, que acadan o seu máximo histórico: 10.752, 831 máis ca onte. Delas deron positivo 1.025, outro parámetro que leva tres días seguidos con subas, rachando as marcas de novembro.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Por áreas sanitarias

• A Coruña: 2.469 (+209)

• Santiago: 1.983 (+97)

• Vigo: 1.893 (+173)

• Ourense: 1.348 (+116)

• Lugo: 945 (+55)

• Pontevedra: 867 (+35)

• Ferrol: 710 (+51)

TOTAL GALICIA
DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS
10.215
            335 usuarios
            186 profesionais
FALECEMENTOS
1.480
            254 en residencias
            344 en hospitais e residencias integradas

 

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

 

 

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS

 
 
TOTAL GALICIA

 NÚMERO DE POSITIVOS

1.441

 AULAS PECHADAS

25

 CENTROS PECHADOS

1

 

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM