Galicia xa é a segunda comunidade que paga con máis axilidade aos seus provedores

Galicia cumpre os obxectivos do plan Pago 10 da Xunta, e está a pagar 26 días antes que a media autonómica
Publicado por o día 22/06/2017 na sección de Economía,Xunta de Galicia

Galicia xa é a segunda comunidade que paga con máis axilidade aos seus provedores

Galicia xa é a segunda comunidade autónoma que paga con máis axilidade aos seus provedores, segundo mostran os datos referentes ao mes de abril que acaba de publicar o Ministerio de Facenda e Función Pública. Por primeira vez na serie histórica Galicia aboa as súas facturas antes de que comece o período medio de pago, de xeito que está a pagar 26 días antes que a media autonómica.

O período medio de pago de Galicia baixou 7,6 días respecto a marzo, e sitúase 1,8 días por debaixo do límite a partir do cal empeza a contar o prazo medio de pago das administracións públicas. Pola contra, a media autonómica empeorou en 2,2 días en abril e sitúase en 24 días, é dicir, 26 días despois que en Galicia. Os datos oficiais ratifican que Galicia se mantén un mes máis entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Xunta.

Galicia xa está a cumprir os obxectivos do plan Pago 10, impulsado pola Xunta este ano e que ten como obxectivo situar o período medio de pago no entorno dos dez días. Ademais, o mes de abril é o cuarto consecutivo no que Galicia mellora este indicador sobre o mes anterior. O informe do Ministerio reflicte tamén que o período medio de pago de Galicia é agora 20 días inferior ao mesmo mes de 2016.
En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en abril situouse no 0,30%, a cuarta máis baixa de España e moi por baixo da media autonómica (0,53%). Os datos mostran que Galicia conseguiu reducir este indicador ata os 180,6 millóns de euros no último ano, un 46% menos que no mesmo mes de 2016.

Período Medio de Pago – Abril 2017 (*CCAA de réxime foral)

País Vasco *
(6,02)
Aragón
16,40
Galicia
(1,82)
A Rioxa
18,07
Navarra*
(1,58)
Madrid
18,99
Castela e León
2,14
Media CCAA
24,09
Asturias
3,42
Cataluña
27,90
Canarias
4,46
Baleares
28,55
Andalucía
7,61
Cantabria
50,78
Estremadura
12,31
Murcia
52,66
Castela A Mancha
15,63
Valencia
54,54