O Galician Freaky Film Festival xa está aquí. Un fin de semana para reivindicar o frikismo galego.

I Do 21 o 23 de decembro proxectaranse máis de 20 pezas audiovisuais galegas
Publicado por o día 19/12/2017 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

O Galician Freaky Film Festival xa está aquí. Un fin de semana para reivindicar o frikismo galego.

Juan de Castro, o director do festival e Óscar Suárez, o axudante de dirección, deron a coñecer este martes a programación completa do festival así como os invitados que asistirán e a temática dos actos paralelos.

Según o seu director, Juan de Castro, a selección das obras “é moi ecléctica, rara e gamberra” e está composta de “traballos que mesmo algúns directores non podían crer que as houberamos atopado do esquecidas que estaban”.


A PROGRAMACIÓN

O Galician Freaky Film Festival comezará este xoves 21 de decembro ás 19.00 coa creación dun mural en vivo feito por Gonzalo Alonso e que servirá como photocall o resto das xornadas.

Despois, ás 21.30, terá lugar a inauguración, na sala Videodrome ubicada en Progreso 41 e haberá unha musicalización de violoncello e theremin en directo do cine de Segundo de Chomon ó que seguirán uns petiscos e unha sesión de curtas.

O venres ás 19.00 diante do MARCO terá lugar un set de rodaxe ó vivo coordinado por Ricardo Spencer, mestre do IES Audiovisual de Vigo xunto con algúns dos alumnos.  Dramatizarase un filme de acción que estará cheo de liortas e explosións no centro de Vigo.

Ás 20.00 comezarán as sesións de cine con filmes de orixe galego coma Galáctea e The last patrol, ambas obras dunha das directoras máis representativas do audiovisual galego: Cora Peña así coma Back to the tic, feito polos alumnos da Fundación Tic de Lugo e no que haberá viaxes ó futuro e moitos guiños a grandes personaxes do cine.

O final do día está reservado para o concerto de Mad Martin Trío no pub Transylvania no que as 23.30 presentarán o seu novo traballo: Tornado

O último día do certame, o sábado 23 ás 19.00, haberá unha performance na rúa do Príncipe moi terrorífica e divertida. Trátase dun acto de balde ó que están invitadas a participar tódalas persoas que o desexen.

Nas sesións de cine, ás 20.00, poderanse ver obras coma a curta de animación de Paulo Mosca, Amor de mono ou A matanza dos garrulos lisérxicos, un dos filmes cumbre do frikismo galego dirixido por Antonio Blanco e Ricardo Llovo.

Coma invitados nas proxeccións dos filmes estarán, entre outros: Morris, Silvia Superstar ou a directora Cora Peña que poderán conversar co público e falar das obras ás que representan.

O fin de festa será no Mogambo coa actuación dunha banda tan recoñecida coma Igmig e porá fin a tres días cheos de actividades e proxeccións dedicados o universo friki galego.

PREZOS

O Galician Freaky Film Festival pretende dar visibilidade ó mundo freak galego en tódala súa amplitude, por iso tódolos actos ó aire libre serán de balde e cada sesión de cine terá un custo de 2,5 euros.

En canto a inauguración, custará 4 euros e inclúe a musicalización en vivo das obras de Segundo de Chomón e as curtas que se verán despois. No caso do concerto de Mad Martin Trío poderase ver por 7 euros e Igmig por 6 euros.

Finalmente, o Galician Freaky Film Festival tamén pon dous clases de bonos á venda. O primero é o Bono Megafreaky, no que, por un prezo de 20 euros se poderá asisistir a tódalas actividades do certame. O segundo é o Bono FreakyFilm, que ten un custo de 10 euros e permite a entrada  a tódalas sesións de cine.