Galiza Nova organiza un espazo de achegas de propostas LGBT

Publicado por o día 20/06/2019 na sección de BNG,Galicia,Mos,Política

Galiza Nova organiza un espazo de achegas de propostas LGBT

Este Venres, día 21 de Xuño, en Tui, con motivo do mes do Orgullo, a Asamblea LGBT de Galiza Nova no Cocello de Mos, organiza unha recollida de propostas en materia LGBT.

Como mocidade consciente e organizada, sabemos que a construcción do relato histórico para un país colonizado como a Galiza, pasa polo coñecemento da nosa realidade para a conquista dun futuro de liberdade.

Esta realidade vése aínda máis silenciada cando se trata da existencia e recoñecemento dos colectivos invisibilizados dentro dun sistema cisheteropatriarcal.

O patriarcado e a cisheteronorma non só dictaminan o que está ben e está mal, senón que tamén, desde unha perspectiva histórica, rixen o que existe e o que non existe.

Con fin, tanto divulgativo como formativo, realizamos pois esta actividade.

Da mesma forma que as mulleres galegas achamos nas nosas antepasadas, referencias, cremos necesario, destacar ás figuras que durante a nosa historia, viviron e obraron á marxe da norma imposta.

 

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.