Terá lugar ás 20:30h no bar O Batallón e correrá a cargo da psicóloga e terapeuta sexual, Mai Insua.
Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, organiza para este venres un obradoiro de sexualidade. O acto, que terá lugar esta sexta feira 16 de outubro a partir das 20:30h no bar “O Batallón” (rúa Martín Códax 17, Vigo) e nel apresentarase a guía de sexualidade editada por Galiza Nova. Posteriormente realizarase un “tuppersex” cargo de psicóloga e terapeuta sexual Mai Insua. O obradoiro desenvolverase desde a perspectiva de xénero e diversidade sexual.
Galiza Nova convida a toda a mocidade a participar deste coloquio sobre a importancia da sexualidade libre, gozosa e segura, desterrando etiquetas, sen estereotipos nin opresións. Con esta actividade a organización xuvenil do Bloque quer contribuír a que a mocidade conte con recursos para derrubar todas as barreiras existentes cara a unha sexualidade libre e gozosa, que rache cos estereotipos opresivos impostos polo heteropatriarcado.
PRENSA BNG VIGO
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.