Galiza Nova quenta o Día da Patria cunha festa-concerto en Vigo

Publicado por o día 11/07/2014 na sección de Vigo

Galiza Nova quenta o Día da Patria cunha festa-concerto en Vigo

 O acto será este sábado 9 de xullo e contará coa participación do secretario xeral da organización, da actriz Isabel Risco e a banda de rock galego Liorta

 A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, comeza a traballar un ano máis para facer do Día da Patria unha celebración multitudinaria en todo o país. No marco da campaña previa ao 25 de xullo, Galiza Nova organiza unha festa-concerto o sábado 12 de xullo no Casco Vello de Vigo.

 O acto público comezará ás 23 horas no local ‘O Faneco’ e contará coa participación do secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, e da recoñecida actriz galega Isabel Risco. O concerto correrá a cargo do grupo de rock nacional Liorta, unha das bandas máis emerxentes do país.

 “Chamamos a toda a mocidade galega alegre e combativa, que non se resigna e que pelexa por un futuro digno, a participar desta festa”, apunta Alberte Mera. O secretario xeral de Galiza Nova avanza que haberá tamén no acto un espazo de debate sobre os problemas que afectan á mocidade.

 A campaña polo Día da Patria arranca co lema ‘Mudémolo todo. Loitemos por unha Galiza Nova’ e percorrerá tódalas comarcas do país. A organización xuvenil do BNG agarda que este vindeiro 25 de xullo volte a ser un día de festa e reivindicación pola República Galega.