Gaña apoios o novo Tratado sobre multinacionais e dereitos humanos

Publicado por o día 31/10/2016 na sección de Amigos da Terra,Medio Ambiente,Vigo

Gaña apoios o novo Tratado sobre multinacionais e dereitos humanos

Amigos da Terra celebra o rápido aumento do apoio, o interese e a mobilización en Xenebra durante a semana do 24 ao 28 de outubro,  nas conversacións para establecer un novo tratado sen precedentes sobre multinacionais e dereitos humanos. A creación dun conxunto deregras internacionais e vinculantes terá profundas implicacións para as empresas máis grandes do mundo, obrigándoas a respectar os dereitos humanos como nunca antes coñeceramos.

“O presente Tratado sempre tivo como obxectivo establecer regras vinculantes para frear o comportamento abusivo das empresas transnacionais e as súas cadeas de subministración. O feito de que tantos países -dirixidos por Sudáfrica e Ecuador- expresasen o seu apoio inequívoco a normas xuridicamente vinculantes, pon o acento na necesidade dunha negociación ambiciosa e de longo alcance”, sinalou Lucía Ortiz, portavoz de Amigos da Terra Internacional.

Morna participación do goberno español

Amigos da Terra celebra ver un número crecente de países, incluídos os estados membro da Unión Europea, que participaron  nun intercambio positivo e construtivo, xunto con organizacións da sociedade civil e outros sectores, máis aínda cando en sesións anteriores trataran de bloquear o proceso. Desde Amigos da Terra reclamamos ao Goberno español que partícipe en este importante proceso e o seu apoio a esta oportunidade histórica para acabar coa impunidade corporativa.

“Estamos contentos de ver á UE e en particular a España nas negociacións. Con todo lamentamos que a participación da nosa delegación sexa inexistente, así como que os debates e contidos para a elaboración da ferramenta non se prepararon debidamente”, manifestou Víctor Barro, presidente de Amigos da Terra. “Esperamos unha implicación máis activa por parte do Goberno español a partir de agora, ao cal ofrecemos o noso punto de vista e experiencia, xunto a outros membros da sociedade civil, para a construción deste mecanismo cuxo fin último é antepor os dereitos das persoas por encima dos beneficios das multinacionais”, concluíu Barro.

Un binomio difícil: multinacionais e dereitos humanos

O Tratado tamén proporcionaría un contrapeso xusto e moi necesario para enfrontar o continuo incremento no número dos acordos comerciais, cada vez máis controvertidos. Estes acordos favorecen os intereses corporativos a expensas dos pobos e o medio ambiente, facilitando un marco no que mesmo poidan demandar directamente aos estados soberanos en tribunais privados.

Os debates desta semana en Xenebra tamén destacaron pola forte e crecente mobilización da sociedade civil coa presenza e a participación das comunidades afectadas en todo o mundo, formalmente convidadas a participar. As poboacións presentaron casos de violacións de dereitos humanos perpetrados por grandes empresas como Shell ou o caso da empresa galega, Ecoener-Hidralia. Os membros de Amigos da Terra Internacional contribuíron con dez presentacións e intervencións detalladas.

A semente da xustiza e a reparación foi plantada

A semente por tanto foi plantada esta semana: agora é o momento de nutrir este tratado, para darlle forza ás regras e a os mecanismos efectivos que permitan restrinxir e controlar os grandes negocios, para disuadir e sancionar ás multinacionais por as violacións de dereitos humanos cometidas.