Gañadores da I edición do certame de maquetas de grupos noveis

Por o 09/08/2017 | Sección: Cangas,Cultura,Eventos,Galicia
Gañadores da I edición do certame de maquetas de grupos noveis

Co fin de promover a música independente de calquera estilo entre os mozos e mozas do Morrazo, convocouse no mes de xuño a I Edición do Certame de Maquetas de Grupos Noveis, que está enmarcado no programa ‘Musicangas’. O ‘Musicangas’ é unha iniciativa da Concellaría de Mocidade do Concello de Cangas no afán de promocionar os grupos de música locais facilitándolles a participación na vida social, económica e cultural da nosa comunidade, ademais de fomentar e difundir todas as sentencias e estilos como fórmula para enriquecer os coñecementos e as afeccións musicais do noso Concello.

Unha vez rematado o prazo de presentación de maquetas podemos dar a coñecer o nome dos finalistas que serán os protagonistas dun festival que se celebrará o dia 24 de agosto no recinto das Naves de Ojea.

O gañador desta edición é o grupo SPOONFUL, unha banda morracense de rock & roll/blues.

Entregaranse tamén tres accésit a SATXA NA LEIRA de estilo punk-folk, SEICA e HIS ANXIETY de estilo death metal.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.