GañaMós abre o seu proceso de primarias

Publicado por o día 28/02/2019 na sección de GañaMOS,Política

GañaMós abre o seu proceso de primarias
A apertura do proceso de Primarias de GañaMós Asemblea Veciñal para escoller a candidatura electoral para concurrir aos comicios municipais de maio deste ano. Igual que hai catro anos o proceso de primarias está aberto á participación de calquera veciño ou veciña de Mos non só aos membros da Asemblea Veciñal e simpatizantes.

Igual que hai catro anos o proceso de selección da candidatura será completamente transparente en cada unha das súas fases e ofrecerá un trato igualitario a todas as persoas que desexen participar do proceso en aras de que a candidatura resiultante sexa o máis representativa posible de todos os veciños e veciñas de Mos que queren modificar a actual situación do Concello.

Na busqueda da conxunción da pluralidade coa seguridade de que as persoas escollidas son leales ao proxecto e estean adaptadas a un sistema asembleario puro de toma de decisións, introducimos dous variacións con respecto ao anterior proceso. Todas as perosoas que queiran candidatarse teñen que contar co aval da Asemblea Veciñal e non seran candidaturas unipersonais senón de equipos de 8 membros que demostren alierces para o traballo en equipo.

Por iso no actual regulamento de primarias buscamos:

Que estabreza os mecanismos para asegurase que as persoas que integren a lista sexan comprometidas cos valores que representa GañaMós e posuidoras dunha traxectoria persoal de implicación coa Xustiza Social.

Que estabreza o cumprimento dos requisitos necesarios para evitar o individualismo entre os candidatos. As individualidades que conformen a pluralidade desexada ten que estar sempre supeditadas ao interese e soberanía do colectivo, da asemblea que conforman todas e todos os membros de GañaMós.

O prazo de inscripción de candidaturas xa está aberto e na vindeira asemblea que se celebre se realizará o proceso para avalar os membros das candidaturas. O resultado do proceso de primarias será proclamado o día 30 de marzo nunha asembela extraordinaria.