A primeiros de ano a Asemblea Veciñal Gañamos fixeron eco da demanda veciñal do barrio da Florida respecto a este perigoso paso peonil, denunciaron a sua situación e solicitaron ao goberno municipal que lle puxera remedio.
O goberno Municipal de Mos lle contestaron que xa estaban con elo e que en breve estaria solucionado. No pasado pleno de setembro GañaMOS volveulle a preguntar xa que todo seguia igual sen aplicarse ningunha medida correctora.
GañaMOS di “Esta vez contestaronnos que este problema xa quedaria solucionado coa remodelación da estrada que esta facendo a Xunta para construir unha senda peonil”.
Como se pode comprobar o treito do trazado da senda dista bastantes metro do paso peonil en cuestión, quedando este lonxe da zona de actuación.
Gañamos manifesta “Nos tememos que outra vez o goberno municipal promete cousas incertas para sacarse de enriba aos veciños e esquivar as nosas preguntas”.
Este é un tema moi serio din desde o grupo municipal, un problema que necesita da atención do goberno municipal xa que neste paso de peóns xoganse a vida os veciños a cotío, sentencian desde GañaMOS.
Desde Gañamos
“Facemos un chamamento ao goberno municipal para que se poña a traballar neste tema sen máis dilación e sen excusas”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.