GañaMos aposta por unha creación dun Mercado de horta en Mos

Tratase de impulsar a creación dun mercados veciñal de horta onde a propia veciñanza pon a venta os seus excedentes de verduras e froitas de temporada podendo así conseguir uns ingresos extras e mellorar a súa economía familiar
Publicado por o día 09/03/2017 na sección de Economía,GañaMOS,Medio Ambiente,Política,Vigo

GañaMos aposta por unha creación dun Mercado de horta en Mos

Tratase de impulsar a creación dun mercados veciñal de horta onde a propia veciñanza pon a venta os seus excedentes de verduras e froitas de temporada podendo así conseguir uns ingresos extras e mellorar a súa economía familiar. Esta economía de proximidade ademais de fortalecer as relacións entre as veciñas e veciños tamén favorece unha alimentación máis sana baseada nunha agricultura máis ecolóxica e nuns productos caseiros. Din desde GañaMOS que podese incluir tamén unha sección de floristería doméstica e así ampliar a gama de produtos do mercado ou mesmo permitir a venta de pequenos enseres usados.

O grupo veciñal Gañamos visitaron o Mercado de horta de Bergondo e decidiron escollelo como modelo para a súa proposta de crear un tamén un mercado de proximidade en Mos porque é un proxecto modesto dunha vila pequena. Algo similar e doadamente alcanzable, se hai voluntade política, para unha vila máis grande como a de Mos.

Alejandra, a alcaldesa de dita localidade, amablemente lles contou como grazas a este mercado municipal de verduras e froitas da comarca, que fomenta a economía de proximidade, hai unhas cantas familias que poden chegar a fin de més vendendo os excedentes dos seus cultivos e como desto beneficianse tamén o resto de veciñas e veciños que podendo mercar e disfrutar destos alimentos de temporada caseiros.

Beneficios para a comunidade

Baseamonos en experiencias previas coma a dos mercados veciñais de verduras e froitas de outras vilas onde a veciñanza pon a venta os seus excedentes de froita e verdura de temporada podendo así conseguir uns ingresos extras e mellorar a súa economía familiar. Esta economía de proximidade ademais de fortalecer as relacións entre as veciñas e veciños tamén favorece unha alimentación máis sana baseada nunha agricultura máis ecolóxica. Podese incluir tamén unha sección de floristería doméstica e así ampliar a gama de produtos do mercado.

Mínima infraestructura necesaria

As instalacións e dotamento necesarias para cobixar e organizar este mercado son mínimas, só é necesaria unha explanada (mesmo un aparcamento) e unhas mesas para os postos. A exígua infraestructura necesaria permite tamén que a feria sexa itinerante podendo rotar por distintas parroquias. Se a iniciativa prospéra e medra, a súa actividade sempre poderiase buscar un lugar cuberto para os meses no que o tempo non acompaña e que o seu funcionamento non se vexa interrumpido.

Participación veciñal

Podese extender a participación convidando a asociacións municipais á venta por exemplo de enseres, xoguetes de segunda mán e así conseguir fondos para desenvolver as súas actividades. A condición básica para promover esta economía doméstica e de proximidade é que gran parte das vendedoras sexan veciñas que oferten os excedentes dos seus propios cultivos.

Regulamento

O Concello redactará un regulamento de boas practicas que será asinado e polo tanto de obrigado cumprimento polas participantes. O modelo de regulamento confeccionado tendo en conta precedentes xa implantados noutros Concellos de Galicia.
Entenden que este proxecto ten que autofinanciarse cos canóns por posto que paguen cada participante pero recomendamos que para promocionar a iniciativa e fomentar a participación sexa gratuito os primeiros meses.

Resolución

Por todo o anteriormente exposto instamos a corporación do  Concello de Mos a emprender a creación dun mercado das características detalladas e promover todas as mediadas posibles para que este proxecto sexa exitoso.