GañaMós Asemblea Veciñal sae a gañar as eleccións municipais de Mos

Publicado por o día 30/03/2019 na sección de Galicia,GañaMOS,Mos,Política

GañaMós Asemblea Veciñal sae a gañar as eleccións municipais de Mos

Nun acto íntimo reservado a simpatizantes e achegados presentamos no auditorio das Pedriñas a candidatura coa que GañaMós Asemblea Veciñal concurrirá aos comicios municipais de maio. No acto tamén participaron as deputadas Antón Sánchez, Marcos Cal, Carmen Santos e Julia Torregoso quen eloxiaron o traballo desenvolvido por GañaMós nestes catro anos e auguraron un excelente resultado electoral que faga xustiza a todo este traballo. O noso cabeza de lista e alcaldable, Román González, fixo un chamamento a toda a veciñanza a acudir as urnas nas eleccións municipais de maio porque os mosenses temos unha cita co cambio. Un cambio cheo de propostas para atender ás necesidades da veciñanza, un cambio para pór as veciña e veciños por diante dos intereses particulares ou partidistas.

Foi un acto breve no que os membros e simpatizantes da asemblea veciñal conminámonos a un esforzo extra ante o ilusionante reto de acadar un cambio para o noso Concello. A candidatura presentada representa moi ben a pluralidade e transversabilidade que sempre foron premisas para o noso proxecto. A lista está composta por candidatas e candidatos de todas as idades, que abranguen as diversas parroquias, persoas de distintos  oficios e sensibilidades, sendo a meirande participantes activos no tecido asociativo mosense. Todos os integrantes cunha cualidade en común, todas elas son persoas de confianza, persoas que van a cumprir co mandato da asemblea e dos votantes, persoas implicadas neste proxecto de cambio tan necesario en Mos.

Na asemblea adelantouse un esbozo do programa de goberno con todas as medidas que queremos levar adiante se o pobo de Mos deposita en nós a súa confianza. Tamén formalizouse o equipo de traballo para abordar a campaña electoral.

Somos Mos! Somos GañaMós!

Somos veciñas coma ti!

Somos comuneiros coma vós!

 

Lista Candidatura:

1.- Román González Garrido

2.- Roberto Rodríguez Dasilva

3.- Aurora Giráldez Leirós

4.- Cristóbal López Pazo

5.- Soledad Lemos Pereira

6.- Antonio Pasarín Rúa

7.- Esther Domínguez Domínguez

8.- Gonzalo Pérez Vázquez

9.- Raquel Domínguez Santervas

10.-Miguel A. Rodríguez Alonso

11.- Mónica Romero Rivas

12.- Alejandro García Maceira

13.- Ángeles Fernández Agra

14.- Samuel Rey Costas

15.- Catalina Coya Soliño

16.- Denís Pérez Alonso

17.- Pilar Portilla Vida

suplentes:

1S.- Trinidad Villar Gutiérrez

2S.- Diego Seijo Alonso

3S.- Pepe Vázquez Pazó

4S.- Martín Vázquez Fernández