GañaMós denuncia a nefasta xestión económica do PP

Publicado por o día 26/03/2018 na sección de Galicia,GañaMOS,Mos,Política

GañaMós denuncia a nefasta xestión económica do PP

O grupo municipal GañaMós ven a denunciar “a desastrosa situación económica á que nos levou a nefasta xestión do Partido Popular. Acabamos de comezar o ano e xa levamos 3 expedientes de Recoñecemento Extraxudiciais de Crédito. O que figura na orde do día do vindeiro pleno ademais é dun importe elevado (618. 295,86€) e a propia interventora en funciones advirte que inda queda alomenos outro expediente por facer”, manifestan desde GañaMós.

“Se temos en conta que agora as arcas do concello teñen que asumir un gasto non previsto nos Orzamentos de 2018, un gasto que non é menor xa que ascende a case un 10% dos ingresos anuais previstos. Se a esto sumamoslle que a propia interventora municipal xa evidenciou no seu informe que os ingresos previstos polo goberno municipal eran irreais xa que estaban moi inflados respecto a recadación por tributos, todo isto da a medida do obsoletos que resultan os Orzamentos de 2018 nada máis comezar o ano”, engade GañaMós.

GañaMós conclue “Esto da a medida da nefasta xestión económica do PP máxime cando ademais o groso das facturas que conforman eses expedientes son de gastos correntes, gastos previstos incluso gastos mensuais como electricidade, auga o teléfonos e non gastos inesperados ou sobrevidos.

O ano pasado cando fixeron o mesmo o PP para saír o paso das nosas críticas anunciou publicamente que non ían facer máis Recoñecementos Extraxudiciais de Débeda, pouco durou o conto.

A nos danos medo ver todas estas manobras do PP para poder pagar o gasto corrente,  botamos a tremer cada vez que vemos como a provedores habituais non se lles paga ni en tempo nin en forma. Non queremos nin pensar no buraco negro en que a nefasta xestión do PP converteu as arcas do noso concello”.