GañaMos denuncia a demora na execución das obras tanto na autovía A-55 como a pasarela da A-52

Manifestan unha demora visible e palpable para tódolos veciños menos para a sra. Arévalo, quen recentemente anuncio públicamente que estas obras non só iban a bó ritmo senon que estaban adiantadas en plazo
Publicado por o día 10/05/2017 na sección de Galicia,GañaMOS,Mos,Vigo

GañaMos denuncia a demora na execución das obras tanto na autovía A-55 como a pasarela da A-52

A Sra. Arévalo tildou de manipuladores a GañaMos por denunciar a demora na execución das obras de melloras na autovia A-55. Incluso presumiu que estas obras estaban moi adiantadas pero trás o fume da sra. Arévalo hai unha realidade ben distinta. Unha realidade palpable e visible para calquera veciño/a que transite pola A-55 en Tameiga ou Petelos e o mesmo nos accesos da A-52 en Ameirolongo, din o grupo municipal.

O Ministerio de Fomento consignou para a “Adecuación e mellora da seguridade víal da A-55 Vigo-Porriño” unhas partidas de 3.194.430 € para o ano 2016 e de 2.129.620 € para 2017.

“É evidente que nin de lonxe se efectuarón obras por estos importes e menos ainda nas melloras que atañen ó noso concello” di GañaMos. Nos terreos destinados ao novo acceso en San Eleuterio apenas deixaron a tarxeta de visita movendo terras un par de días cando a “execución iminente” desta rotonda foi proclamada pola Sra. Arévalo a principios de 2015.

Igual sucede nas actuacións nos accesos da A-55 na parroquía de Petelos onde a parte de colocar sinais de obra e pintar de amarelo o asfalto pouco máis se coñece.

No caso das obras da “pasarela peonil para o camiño portugués de Santiago” no pk306 da A-52 en Mos nin siquera hai movemento de terra visibles ou sinalización provisional. GañaMos cando presentau unha moción para mellorar a seguridade víal na intersección entre a autovía A-52 e a estrada N-550 a Srá Arévalo vetouna anunciando a “inminente execución” de dita pasarela peonil.

Certamente o Ministerio de Fomento tiña consignada unha partida de 200.00€ para executala no ano 2016 pero estamos a mediados do 2017 e parece que a Sra. Arévalo agasallounos con outra ración de fume. Unha trás outra os mosenses rematamos afumados da mala xestión do goberno local.