Gañamos denuncia graves deficiencias na rotonda da saída A-55 en San Eleuterio – Tameiga recén feita

Publicado por o día 13/01/2019 na sección de Galicia,GañaMOS,Mos,Política

Gañamos denuncia graves deficiencias na rotonda da saída A-55 en San Eleuterio – Tameiga recén feita

O grupo municipal GañaMos denuncia as graves deficiencias na rotonda da saída A-55 en San Eleuterio – Tameiga recén feita.

Hai case 5 anos Arévalo xunto coa, no seu día, ministra de Fomento fixeron “in situ” unha simulación de como quedaría a futura rotonda na saída da A55 en San Eleuterio. Naquel día prometeron, ademais dunha execución inmediata, que dita rotonda ía a satisfacer todas as necesidades da veciñanza.
5 anos despois da anunciada execución inmediata, é decir tras 5 anos de burla continuada ao pobo de Mos, podemos contemplar está actuación e enumerar todas as súas deficiencias. Unha construcción moi lonxe do anunciado sen que mediara alegación ou protesta coñecida do goberno municipal de Arévalo.

A rotonda carece en su totalidade de beirarrúas nin arcéns transitables e nin un só paso de peóns. Os desmontes están sen asegurar. Os vieiros que entroncan chegan cun trazado moi forzado sendo un risco para a seguridades vial pola súa sinuosidade e cambio de rasante.

Preguntamos no último pleno por estas deficiencias e por as accións do goberno municipal para solucionalas. Pero unha vez máis obtivemos a calada por resposta, desentenderonse do asunto alegando que era competencia de Fomento. Como se Arévalo non bendecira o proxecto hai 5 anos cando o presentou, como se nestos 5 anos transcorridos o goberno municipal non poidera ter feito alegacións solicitando unha mellora das prestacións de dito distribuidor de tráfico.

Non está demais lembrar que daquela, hai 5 anos, tamén anunciaron, Arévalo e Pastor, melloras no propio trazado da autovía para reducir a siniestralidade e non foron realizadas. Toda a actuación limitouse, a parte da rotonda de San Eleuterio, a alongar tres carrís de entrada ou saída.