GañaMós denuncia o almacenamento de herbicidas que conteñen glifosato no Concello de Mos

Publicado por o día 06/09/2018 na sección de Galicia,GañaMOS,Mos,Política

GañaMós denuncia o almacenamento de herbicidas que conteñen glifosato no Concello de Mos

GañaMós ven a manifestar novamente a reiterada incapacidade do Partido Popular para incumprir os acordos aos que se compromete tanto coa veciñanza como en sesión plenaria. Hai case 2 anos aprobouse por unanimidade unha moción do grupo municipal GañaMós prohibir o uso dos herbicidas que conteñen glifosato. Un composto que según denuncia a Organización Mundial da Saude provoca cancro nas persoas e máis recentemente hai tribunais que dictaron sentenzas contra o fabricante deste produto condeandono a indemnizacións por provocar cancro, manifesta o grupo municipal.

O Partido Popular acordou desfacerse dos bidóns de glifosato almacenados nas dependencias municipais, despois de 2 anos visitaron ditas dependecias e atopamonos que aínda hai 2 bidóns. O cal fainos sospeitar que non só non se desfixeron do produto entregandolo a un xestor de residuos senón que seguiron utilizandolo irresponsablemente. Senón por que hai glifosato almacenado nas dependencias municipais cando hai xa 2 anos quen se aprobou no pleno desfacerse de el e non usalo máis? Por que só hai 2 bidons que pasou co resto? Si se desfixeron do resto por que deixaron 2 sen entregar a un manipulador de residuos? se pregunta e finaliza o grupo municipal GañaMós.

GañaMós fai entrega de duas fotografías da sua denuncia