GañaMós denuncia pérdeda paulatina de poboación

Publicado por o día 26/02/2019 na sección de Galicia,GañaMOS,Mos,Política

GañaMós denuncia pérdeda paulatina de poboación

O grupo municipal Gañamós ven a denunciar a pérdeda paulatina de poboación que sufre Mos, da falta de medidas concretas do Goberno de Arévalo para revertir esta situación e das propostas que propón GañaMós, propostas factibles que só necesitan de vontade poilítica para levalas a cabo, só necesitan dun goberno pendente das necesidades da veciñanza e non un goberno ofuscado en pelotazos urbanísticos.

Mos leva anos sufrindo unha pérdeda lenta pero paulatina de poboación. O servizo de estadísticas do Ministerio incluso rebaixa a estimación para  2019 a menos de 15 mil habitantes para Mos mentres que Porriño xa está sobrepasou os 20 mil cando non hai moitos anos ambos concellos tiñan un número de poboación similar.

No último pleno preguntámoslle ao Partido Popular se tiñan constancia deste feito, se fixeron algo para averiguar as causas desta continuada merma dos habitantes do noso concello, se coñecen a que estrato social ou xeneracional afecta maioritariamente e sobre todo que políticas concretas están implementando para revertir esta situación. Por desgraza, polas súas parcas respostas todo apunta que non lle concedían moita importancia a este asunto.

Pero desde GañaMós si que lle concedemos unha importancia vital para o futuro a esta incapacidade do noso Concello para fixar poboación. As familias novas e a xuventude migran do noso Concello aos limítrofes ante a falta de vivenda asequible, xa que en Mos non se constrúen vivendas en altura e hai moito tempo que non se promocionan vivendas de protección oficial (VPO). Esto é debido en gran parte ao novo PXOM do Goberno de Arévalo. Mentres en Vigo se suceden as inversións millonarias da Xunta en construción de vivendas VPO, aquí Arévalo non moveu un dedo por acadar ditas inversións e facilitar así unha solución habitacional á xuventude, ás novas familias ou as persoas con menor nivel adquisitivo. Non todo o mundo pode facerse unha casa unifamiliar como pretende o PXOM do Partido Popular.

Só fai falta vontade política para pór solucións factibles. Sen ir máis lonxe temos a 3 fase da Urbanización de San Eleuterio por desenvolver. Unha última fase destas vivendas VPO que ademais conlevaría aumentar as zonas dotacionais tanto deportivas como axardinadas para o desfrute de todo o conxunto da urbanización, a cal foi construída na súa maioría como Vivenda de Protección Oficial. Unha oportunidade ademais para abordar en conxunto desde as Administracións Públicas o problema da falta de ascensores nos edificios construídos.

E por que non proxectar ao carón desta urbanización unha pequena zona onde prospere o comercio local para abastecer a todas as parroquias da zona alta de Mos.

Propostas de GañaMós, propostas factibles que aportan solucións, propostas de futuro, propostas feitas pensando en todas e todos e non pelotazos para o beneficio duns poucos.

Plano Urbanización San Eleuterio e foto de membros do grupo municipal GañaMós presentando a proposta na Urbanización de San Eleuterio

Cadro merma poboación