GañaMós mostra públicamente as desculpas á Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Pereiras

Por o 11/02/2019 | Sección: GañaMOS,Mos,Política
GañaMós mostra públicamente as desculpas á Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Pereiras
GañaMós mostra públicamente as desculpas á Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Pereiras polas opinións verquidas por nós e que en reunión con eles nos aclararon que a situación distaba moito do que nós entendiamos. Aínda que os membros de dita Xunta Rectiora aceptaron en privado as nosas excusas e quedaron así satisfeitos, queremos facer publica a nosa rectificación xa que públicas foron os nosos comentarios.
A asemblea aberta que celebramos en Pereiras asistiron varios membros da Comunidade de Montes de Pereiras quen nos transmitiu o seu malestar connosco por un comunicado noso no que tildábamos de mediatizada polos intereses do Partido Popular á Xunta Rectora de dita Comunidade e que as nosas declaracións estaban moi alonxadas da realidade, xa que eles non se posicionaban a favor do Macro Proxecto de Arévalo e Mouriño tal como se está anunciando. Nós, ao igual que o fixemos na devandita asemblea, reiteramos as nosas desculpas facendoas públicas mediante esta nota de prensa e ao mesmo tempo expresar a nosa satisfacción ao saber que Pereiras non bendice o proxecto tal e como se está anunciando polo goberno municipal de Arévalo senón que polo que entendimos teñen unha posición moi crítica con todo o sucedido.
Non queremos extendernos nos detalles del todo o que se falou contra o Macro Proxecto porque non queremos crear malentendidos e ademais o propósito deste comunicado non é ese senón facer publicas as nosas desculpas ante a errónea imputación e a nosa satisfacción ao saber que a Directiva de Pereiras non está adocenada polos impulsores do pelotazo urbanístico.
 
Queremos ademais facer un acto de contrición público porque no fragor da contenda cos promotores do pelotazo urbanístico utilizamos as súas mesmas artimañas que tanto denostamos, a semellanza deles vulneramos a soberanía dunha comunidade cualificando a súa directiva segundo a nosa conveniencia nun acto de inxerencia totalmente reprobable. Desde GañaMós non podemos caer nesta falta de respeto ás directivas das comunidades que a miudo vemos cometer ao Goberno Municipal contra as comunidades e colectivos que non acatan os seus designios.

Comentar noticia

Your email address will not be published.