O grupo municipal GañaMos Asemblea Veciñal presenta para o seu debate no pleno de mañá luns 31 de maio, unha moción solicitando ao Goberno Municipal que inicie as accións oportunas para realizar a subscrición na Guía de Espazo de Transparencia do Eidolocal, “alarmados” polas dificultades que teñen os seus concelleiros para acceder á información municipal que solicitan, “xa que en moitos casos non a recibimos ou a recibimos tarde e incompleta“.
Recordan que así se “daría cuprimento á Normativa actual e se ofrecería á poboación unha información á que teñen dereito”.
Nas comisións celebradas o xoves pasado, o PSdeG eo BNG votaron a favor e o PP abstívose, polo que anuncian que previsiblemente se aprobará en pleno e de esa forma “se mellorará a súa transparencia facendo públicos os datos nunha páxina de tanta difusión como é o EidoLocal”.
Dende GañaMos agardan que o Goberno Municipal de Mos “cambie radicalmente de actitude e facilite dende agora toda información aos concelleiros e publicite a súa xestion neste Portal de acceso ao Publico” e amose tamén “a súa boa disposición votando favorabemente no Pleno a este plantexamento-moción”.

Nado en Vigo hai 38 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.