GañaMOS presentara unha moción para acadar unha Ensinanza Secundaria de Adultos gratuita e publica en Mos

Publicado por o día 18/10/2017 na sección de Galicia,GañaMOS,Mos,Política

GañaMOS presentara unha moción para acadar unha Ensinanza Secundaria de Adultos gratuita e publica en Mos

GañaMOS nos cumunica

É incontestable que a través da educación se consegue rescatar ás persoas en risco de exclusión social. Acadar o nivel de coñecementos que certifica o graduado de educación secundaria permite unha mellor inserción laboral ou acadar unha mellora profesional. Entre outras cousas, é condición indispensable para acceder a moitos postos de traballo
convocados polas administracións públicas.

O Decreto 88/1999, do 11 de marzo, polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas establece que a educación das persoas adultas deberá
atender preferentemente aqueles grupos ou sectores sociais con carencias e necesidades de formación ou con dificultades para a súa inserción laboral, promovendo a igualdade de oportunidades na consecución das habilidades consideradas básicas que permitan a participación de forma libre e autónoma na sociedade e na cultura.

Este Decreto no seu artigo 13, establece que: a creación e supresión dos centros públicos específicos de educación e promoción de adultos da Comunidade Autónoma de Galicia correspóndenlle ó Goberno da Xunta de Galicia mediante Decreto, por proposta do Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

En Mos, os cursos municipais para que as persoas maiores acaden a ES son a través dacontrata cunha empresa externa cun alto custo para o estudante, mentres nos concellos da contorna como Nigrán, Cangas, Moaña, Redondela, O Porriño, Tui ou Vigo, estes cursos realízanse nos Institutos de Secundaria públicos organizados pola Consellería de Educación e nalgúns casos se complementan con iniciativas propiamente municipais resultando gratuítos en vez do onerosos que son en Mos, máxime se temos en conta a complicada situación económica de moitas e moitos dos que se inscriben nestes cursos.

Por isto, solicitamos ao goberno municipal que inste á Conselleria de Educación a que poña en marcha a Ensinanza Secundaria para Adultos no IES de Mos. Tamén solicitamos que ata que sexa implantada, o goberno municipal subvencione ata a gratuidade os cursos de preparación a desempregados e cobradores da RISGA ou prestacións similares que asistan ás clases.

                A nosa xente e sobre todo os máis desfavorecidos/as teñen que ser unha prioridade.