GañaMós propón mellorar a atención aos maiores

Por o 06/02/2019 | Sección: Galicia,GañaMOS,Mos,Política
GañaMós propón mellorar a atención aos maiores

GañaMós propón mellorar a atención aos nosos maiores. No último pleno o Partido Popular por fin admitiu que o servizo da Casa Rectoral era un fiasco moi insuficiente para atender as necesidades sociosanitarias de Mos e por fin decatouse de que é necesario impulsar a nosa proposta para aproveitar as antigas instalacións do Hospital Psiquiátrico do Rebullón. Pero ademais da creación dun gran centro de día público, desde o Concello hai programas de proximidade que están funcionando noutras vilas e que se poden implantar aquí só con ter vontade política para facelo. Na seguinte nota explicamos tres destos programas xa contrastados polss experiencias noutros concellos.

A atención aos nosos maiores non pode seguir esperando.

Unha máxima da nosa sociedade é coidar dos nosos maiores e ata agora desde o Concello se estivo facendo nada ou moi pouco para axudar as familias de Mos en atender ás necesidades sociosanitarias dos seus maiores. Por iso seguimos traballando para converter parte das antigas instalacións do Hospital Psiquiátrico do Rebullón nun centro público de atención aos nosos maiores mediante un convenio coa Consellería de Sanidade. Un centro de atención aos maiores que polas dimensións das instalacións a aproveitar  pode se extensivo a toda a área metropolitana que como o resto do país é deficitaria neste servizo público cunha listas de agarda de varios miles de persoas maiores.

Pero ademais deste gran centro creemos que é necesario de xeito complementario desenvolver programas de atención e activación para os maiores autónomos ou con apenas grado de dependencia polas parroquias en colaboración coas asociacións socioculturais. Colaborar coas asociacións veciñais para desenvolver nos seus respectivos locais actividades de activación e así actuar na cercanía evitando desprazamentos disuasorios. Estas actividades de activación poden comprender desde a ximnasia de mantemento, exercicios para a activación mental ou mesmo para fomentar as relacións sociais.

Outra actuación que se está levando a cabo nalgunhas cidades, e que creemos que en Mos se debería desenvolver, e así o faremos se nas vindeiras eleccións municipais as veciñas e veciños nos dan a súa confianza para gobernar, é a creación dun programa de voluntariado para acompañamentos a persoas con necesidades específicas no desenvolvemento das actividades da súa vida cotiá como o acompañamento de persoas maiores que carezan de apoio familiar ao centro médico, a realizar algunha función administrativa, a facer a compra, ir a farmacia etc. Sen dúbida poderíase facer extensivo este servizo as persoas con diversidade funcional.

Tamén traballaremos para a creación dun programa de coidadores/as de barrio consistinte na creación dunha bolsa de emprego para as persoas en risco de exclusión social do noso concello (parados de longa duración, persoas con experiencis en SS.SS) para dotar dun mínimo de persoal estable ao servizo de acompañamentos sociais realizado polo voluntariado, por suposto sempre dotando aos acompañantes dunha previa formación para que se desenvolvan correctamente. E se é posible, ir máis aló coas funcións deste grupo de apoio, acadar unha semiprofesionalización para poder asistir sempre que sexa posible aos maiores nos seus propios domicilios. Todas sabemos do traumático que é para os maiores e as súas familias extraelos dos seus fogares e internalos en residencias.

Déronse moitos pasos adiante na axuda a Dependencia pero queda moito por facer, moitos baleiros que se poden cubrir dende a proximidade con apoio mutuo e coa vontade política dun goberno decidido.

Comentar noticia

Your email address will not be published.