GañaMós propón unha creación dun Consello Municipal da Auga

Publicado por o día 22/03/2019 na sección de Galicia,GañaMOS,Mos,Política

GañaMós propón unha creación dun Consello Municipal da Auga

GañaMós propón unha creación dun Consello Municipal da Auga onde participen todas as Comunidades de Traídas de Auga de Mos. Para nós é fundamental protexer a xestión comunal deste ben tan preciado como é a auga pero ademais é imprescindible establecer unhas boas relacións entre as Traída e o Concello, xa que están moi deterioradas trás as continuas inxerencias do Goberno de Arévalo nas Comunidades de Auga, sobre todo en todas as que se opoñen o seu macroproxecto urbanístico.
 
A maioría das familias mosenses abastécense de auga grazas ao encomiable labor das Comunidades de Traídas de Auga. As comunidades de augas levan desde hai máis de corenta anos subministrando auga a todas as familias das distintas parroquias do noso Concello. No seu día, naceron como a solución á falta dun servizo básico como é a auga potable, servizo que as administracións públicas non foron quen de proporcionar. Ata hoxe, manteñen estes servizos nun réxime de autoxestión, proporcionando un servizo de primeira necesidade coa máis alta calidade posible e dunha forma responsable co medio ambiente. Isto é así grazas ao esforzo das comuneiras e comuneiros das distintas traídas garanten un servizo de calidade coa actualización aos novos requisitos legais vixentes e co coidado constante das captacións de auga. Para protexer este ben tan preciado crearemos un Consello Municipal da Auga no que participarán todas as comunidades de traídas de auga. Neste Consello consensuaremos cos representantes das e dos comuneiros todas as medidas a adoptar polo Concello para axudar as Traídas a desenvolver o seu inestimable facer cotiá.