GañaMos retoma as Asembleas Abertas polas parroquias

Publicado por o día 06/04/2018 na sección de Galicia,GañaMOS,Mos,Política

GañaMos retoma as Asembleas Abertas polas parroquias

GañaMós volve a celebrar Asembleas Abertas polas parroquias de Mós porque para nos é basico e imprescindible a participacion veciñal, por iso nestas xuntanzas parroquiais estan convidados, ademais de simpatizantes, as veciñas e veciños da Parroquia. Neste 12 de abril, a veciñanza da parroquia de Petelos.

Nestas reunións trataremos diversos asuntos: faremos una rendición de contas do traballo feito polo grupo municipal ate agora, falaremos sobre o ocurrido no último pleno cunha exposición sobre as últimas novidades sobre a política municipal e tamén faremos unharecollida de propostas para confeccionar un programa de goberno de cara ás eleccións municipais de 2019. Pero sobre todo nestre reencontro coa veciñanza queremos escoitar as súas inquedanzas para ver en que podemos axudar.