GañaMos tilda de “lamentable manipulación” as declaracións da Alcaldesa sobre a Transparencia

Explican que se algúns dos seus concelleiros aínda non fixeron a actualizacion dos seus bens débese á que a anterior está realizada hai menos dun ano e non tiveron variacións relevantes no seu patrimonio
Publicado por o día 02/06/2016 na sección de GañaMOS,Política,Vigo

GañaMos tilda de “lamentable manipulación” as declaracións da Alcaldesa sobre a Transparencia

Tras a resposta pública da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, ao comunicado arroxado polo grupo municipal GañaMos sobre a transparencia no Concello de Mos e a moción que levaban a pleno, os membros da agrupación mosense responden con contundencia.

A rexedora asegura que GañaMos non presentou o a actualización da Declaración de Bens de algún dos seus Concelleiros . Dende a Asemblea Veciñal queren matizar que “alguns Concelleiros de GañaMos (non todos) aínda non fixemos a actualizacion xa que a anterior está realizada hai menos dun ano e a non tivemos variacións relevantes no noso patrimonio” , e engaden que dita actualización foilles requerida a finais do mes de abril sen prazo de entrega. Consideran “lamentable a manipulación da realidade que fai o Goberno de Mos xa que se os concelleiros de GañaMos quixeramos ocultar algo non presentaríamos a moción que forzou a Ordenanza e pero que nos, nos abstivemos porque pensamos que permite que o Goberno de Mos siga sendo oscurantista e manipulador”.

“O PP non quixo aprobar a nosa Moción sobre transparencia presentada xa o 15 de abril para inscribirnos na web EIDO LOCAL da Xunta e así apresurouse, despois da nosa moción a presentar un mes mais tarde da nosa moción a Ordenanza de Transparencia aprobada o luns”,comunican para desmentir á rexedora que defende que a moción presentada carecía de sentido ao estar á espera das súas declaracións de bens para completar o contido do Portal de Transparencia e publicalo.

Dende GañaMos denuncian que “existeu unha deixadez de función do Goberno e especialmente do Concelleiro de Transparencia, Alberto Méndez, xa que despois de ter rematados os prazos (2 anos) en decembro de 2015 presenta unha Ordenanza con 6 meses de retraso, forzado pola nosa moción, que só contempla sancións para o mal uso da información recibida pero non para os que ten que dar unha información veraz, completa e puntual…. O cal significa que este goberno seguirá dando informacion incompleta ou nula e con demora na maioría dos casos como xa fai agora cando os Concelleiros a solicitamos”.