GañaMós ve a necesidade urxente de actuar sobre o Camiño do Carral

Publicado por o día 03/04/2019 na sección de Galicia,GañaMOS,Mos,Política

GañaMós ve a necesidade urxente de actuar sobre o Camiño do Carral
A necesidade urxente de actuar sobre o Camiño do Carral ante a carencia de sinalización horizontal e vertical sendo un camiño moi sinuoso con unha anchura moi variable que converteuse nun vieiro con moito tráfico xa que agora fai de acceso ao campo das Baloutas e mesmo ao Polígono da Veigadaña.
 
Actuación para adecuar o Camiño do Perral


Debido ao importante crecemento do Club Unión Deportiva Mos o Camiño do Perral ten as horas puntas dos entrenos unha densidade de tráfico propia dun vieiro municipal principal xa que ademais absorve tamén parte do tráfico que accede ao Polígono da Veigaña. Este camiño ten un ancho moi variable e asimetrico cuns bordes de calzada nada uniformes polo que nalgúns puntos do vieiro volvese bastante perigoso cando se cruzan dos vehículos, xa que ademais carece totalmente de sinalización horizontal. Hai que ter en conta oi agravante da pendiente de dito vieiro que fai que os vehiculos que baixen á mínima o fagan con velocidade e dificultade para frear e non esquecemos o factor humano, as nais e pais imos a veces co tempo enriba para levar ou recoller os nenos. Por iso solicitamos ao goberno municipal que alomenos dote de xeito urxente de marca vial nos bordes de calzada a este vieiro e que sen moita demora faga un estudio integral de como mellorar a seguridade neste vieiro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.