Gatiños da Rúa Vigo denuncia a desaparición varios gatos en diferentes colonias que alimentan e piden colaboración cidadá

Publicado por o día 17/12/2020 na sección de Galicia,Social,Vigo

Gatiños da Rúa Vigo denuncia a desaparición varios gatos en diferentes colonias que alimentan e piden colaboración cidadá

Gatiños da Rúa Vigo pregunta se alguén sabe algo do asunto, denuncian que este ano desapareceron varios gatos en diferentes colonias que alimentamos. Normalmente, sempre saben que foi da maioría deles (atropelo, morte natural, etc.), pero este ano non atoparon ningún dos corpos.

Queimamos aquí o último cartucho, despois de preguntar a traballadores da zona, publicando este post nas suas redes sociais para intentar o milagre de saber que lle sucedeu a un dos suss michos máis queridos da colonia do Berbés, desaparecido un domingo/luns de outubro.

Descrición

Macho atigrado de pelo semilongo e cola moi peluda. Tipo LINCE. Tamaño pequeno. Simpático, alegre e falador. Ano e medio, aínda sen castrar.

Esperaba sempre a Gatiños da Rúa Vigo, todos os días, durante meses, no lugar da foto.

Se alguén o encontrou (vivo ou morto), se o levou (aínda que é improbable: non se deixaba tocar), ou se un de semellantes características foi visto estas semanas pasadas noutra zona da cidade, agradecerian inmensamente sabelo.

“Botámolo tanto de menos…  Oxalá encontrases unha man amiga alá onde esteas, peludiño” finalizan de Gatiños da Rúa Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.