Gibraltareña abre o pano da tempada de teatro de Afundación o 5 de outubro

Unha obra de Juan Iborra protagonizada por Elisa Matilla
Por o 28/09/2016 | Sección: Cultura,Vigo
Gibraltareña abre o pano da tempada  de teatro de Afundación o 5 de  outubro

A representación terá lugar no Teatro Afundación de Vigo ás 20.30 h  

Ambientada no Xibraltar dos anos setenta a obra é una reflexión sobre a prostitución

Gibraltareña inaugura a tempada de teatro de Afundación na cidade de Vigo. O 5 de outubro Juan Iborra achega unha proposta que fala sobre a prostitución cun enfoque moi humano e coa reixa pechada de Xibraltar como pano de fondo. A función terá lugar ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo na rúa Policarpo Sanz, 13. As entradas poderán adquirirse a través das canles habituais de venda de Afundación: en ataquilla.com e mediante o teléfono 902 504 500.

A OBRA

Gibraltareña está protagonizada por Elisa Matilla. A actriz encarna a Lola, unha prostituta entrañable, que narra a súa vida no transcurso da década dos setenta cando a reixa que separaba Xibraltar de La Línea de la Concepción estivo pechada separando familias e coñecidos. O paso do tempo deixoulle recordos e proxectos que provocan no público sentimentos confrontados que van desde a tenrura ata o humor. O autor propón mergullarse de cheo no mundo da protagonista que conta con complicidade parte das súas experiencias.

A peza foi composta por Juan Iborra como froito da súa amizade coa actriz. Parte, ademais, dun escenario tan familiar como o Xibraltar onde pasaba as súas vacacións na casa dos seus tíos. Unha comedia que repasa parte da historia do noso país, ao tempo que aborda o controvertido tema da prostitución e a súa aceptación na sociedade.