Gisela, a voz de Disney, actuará no Centro Comercial Gran Vía

A cantante Gisela poñerá voz ao Nadal cunha actuación no centro comercial
Por o 03/12/2018 | Sección: Eventos,Galicia,Vigo
Gisela, a voz de Disney, actuará no Centro Comercial Gran Vía
O Centro Comercial Gran Vía acolle este mércores día 5 de decembro ás 18:30 unha festa moi especial con Gisela, a Voz de Disney que actuará en directo na Planta 0 onde cantará unha selección dos clásicos máis coñecidos das películas infantís de Disney como Frozen ou A Sirenita, ás que presta a súa voz.
Ademais de escoitar a súa doce voz no espectáculo musical, os máis pequenos da casa terán a oportunidade de coñecela e facerse fotos con ela no Meet& Greet que terá lugar tras o concerto.
Esta actividade enmárcase dentro da programación que o centro comercial ten xa en marcha con motivo do Nadal e que contempla:
– Caixa de correos Real “Cartas da Felicidade”: os nenos que queiran poderán depositar as súas cartas na caixa de correos que teremos aberto do 1 de decembro ao 5 de xaneiro na Planta 0.
-Visita de Papá Noel: do 1 ao 24 de decembro contaremos coa visita de Papá Noel na Planta 0 (de 17:30 a 21:00 horas e o 24 de decembro de 12:00 a 14:00 horas)
-Reyes Meigos: do 27 de decembro ao 4 de xaneiro os Reis Meigos de Oriente visítannos en horario de 17:00 a 20:30 horas na Planta 0 (o 31 de decembro e o 5 de xaneiro farano de 12:00 a 14:00 horas).
– Cabalgata de Reis: se tes entre 8 e 12 anos e queres formar parte da cabalgata de Reyes de Vigo infórmate na Fun Play Area (planta 2) ou Punto de Atención ao Cliente (Planta 0).
-Bea Peixoto, fotografías para lembrar: os días 14 e 15 de decembro de 17:00 a 19:00 horas, a fotógrafa Bea Peixoto retratará co seu cámara no noso fondo do Nadal a todos os nenos que queiran ter unha bonita foto profesional totalmente gratuíta. Estará na Planta 1.

Comentar noticia

Your email address will not be published.