Gloria Pérez impartiu unha conferencia sobre “”Ho, oponopono como filosofía de vida” en Baiona

Publicado por o día 23/03/2018 na sección de Baiona,Galicia

Gloria Pérez impartiu unha conferencia sobre “”Ho, oponopono como filosofía de vida” en Baiona

Hoxe, día 23, o auditorio da Casa da Navegación acolleu ás 19:30 h unha conferencia sobre ““ Ho,  oponopono como filosofía de vida”, a cargo de Gloria Pérez que falau sobre unha das ferramentas que máis influíu na súa experiencia vital cara ao benestar  holístico. En termos sinxelos, “ ho, oponopono” , significa “facer o correcto” ou “rectificar un erro”. Segundo os  hawaianos antigos o erro provén de pensamentos tinguidos polas memorias dolorosas do pasado. O “ ho, oponopono” ofrece unha forma de liberar enerxía dos pensamentos dolorosos ou erróneos que son os que causan desequilibrio e enfermidade. Trátase de dar a coñecer novas técnicas  que vén complementar á medicina para unha educación saudable.

Por terceiro ano consecutivo o  Concello de Baiona, a través da Concellería de Benestar e Igualdade, segue apostando pola divulgación científica que contribúe a dar pautas de prevención no ámbito da saúde e o benestar.

Trátase do III Ciclo de Conferencias sobre Benestar e Saúde, no que se enmarca a actividade do venres, no que, durante 6 meses, 6 profesionais de diferentes disciplinas da saúde achegarán e compartirán coñecementos acerca de estratexias e recomendacións que contribúan a mellorar o noso benestar.

Dirixidas a toda a poboación, e especialmente ao colectivo de persoas adultas, as conferencias xestiónanse cun obxectivo claro, contribuír a unha educación para a saúde que oriente ás persoas asistentes para alcanzar unha vida máis saudable a través de contidos e pautas de acción.