O Goberno aproba a Proposición de En Marea para mellorar a pesca artesanal e incentivar este tipo de pesca

Alexandra Fernández criticou duramente as políticas do PP e da UE e advertiu que “as políticas do Goberno en consonancia coa UE están a desmantelar a pesca artesanal. O PP pón os nosos recursos ao servizo de multinacionais”.
Publicado por o día 14/02/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

O Goberno aproba a Proposición de En Marea para mellorar a pesca artesanal e incentivar este tipo de pesca

A deputada de En Marea e portavoz na Comisión de Agricultura e Pescal, Alexandra Fernández, defendeu esta mañá no Congreso a súa proposición non de lei que recolle as principais demandas do sector da pesca artesanal. Unha iniciativa que foi aprobada ao contar cos votos favorábeis de todos os grupos agás do PP. Contou con 23 votos a favor e os 14 en contra do PP.

Á iniciativa de En Marea se presentaron diversas emendas do PP, de Compromís e del Partit Demócrata. Alexandra Fernández que dialogou con todos os grupos, ofrecendo incorporar algúns aspeitos, finalmente acordou unha transaccional con Compromís porque se mantiñan íntegras as demandas plantexadas. O PP pretendía substituir todo o texto pola elaboración de estudos socioeconómicos na UE, o que desvirtuaría o groso das reivindicacións, fórmula descartada por Alexandra Fernández.

Na súa intervención, a deputada de En Marea advertiu das cada vez maiores ameazas que padece a pesca artesanal, “que ten que facer fronte aos poderosos intereses das grandes multinacionais que están a reconfigurar os modelos de producción tradicionais existentes no ámbito da pesca. Unha situación que non só fai que os mariñeiros a pequena escada perdan o control sobre os nosos recursos, senón que tamén se produce un impacto ecolóxico no medio con graves consecuencias”.

A deputada de En Marea criticou as políticas do PP e da UE e alertou sobre a “encrucillada na que nos atopamos no ámbito pesqueiro onde se confrontan dous modelos de pesca”. Nesta liña, censurou as políticas do Goberno que “en consonancia coa UE están a desmantelar a pesca artesanal, alonxándoos do necesario control sobre os recursos pesqueiros”. “O PP acompaña as políticas da UE poñendo os nosos recursos ao servizo dos grandes poderes económicos que están a asumir o control tanto dos recursos pesqueiros como dos beneficios do seu uso.”.

Advertiu sobre as prácticas destas grandes multinacionais que “impiñen dinámicas que están a afectar negativamente ás comunidades costeiras”.

Os beneficios da pesca artesanal:

A deputada de En Marea emprazou aos presentes na Comisión a reflexionar sobre estes aspeitos e “a comprender o grande potencial da pesca artesanal”. Así, destacou os seus beneficios: “é unha pesca máis sostíbel, que se preocupa do medio ambiente marítimo e terrestre. Quen se adica á este tipo de pesca ten o mar á porta da casa, é o seu medio de vida”. Ademáis, salientou as características das artes que son pasivas e non agreden o medio marino.

Fernández lembrou que a pesca artesanal sostén as economías locais de comunidades costeiras, dinamiza a actividade económica. “No caso galego, cumpre un papel fundamental na fixación de poboación en comarcas alonxadas dos principais centros industriais”. Resaltou o peso desta frota que conta cun censo ao redor das 4.000 embarcacións”. A parlamentar de En Marea detívose asemade nas cuestións relacionadas co consumo e a calidade dos produtos pesqueiros da frota artesanal. “Aporta alimentos de grande calidade. A práctica totalidade das capturas van para consumo en fresco, en contraposición coa pesca industrial que o adica á transformación”.

Menos mal que as mobilizacións pararon a destrutiva Lei de Acuicultura

Alexandra Fernández amosou a preocupación de En Marea pola vía escollida polo PP, máis no lado da pesca industrial. E existen tres evidencias claras: “A lei de acuicultura, que pretende a privatización dos nosos recursos; a deixación de funcións sobre o saneamento das rías que prexudica á pesca artesanal e ao marisqueo, e a falla de prestacións, de servizos e de infraestruturas, así como a falla de interloución co sector”. Parabenizou ao sector e á sociedade polas grandes mobilizacións que foron quen de parar a lei de acuicultura.

A deputada de En Marea afirmou que “queremos dar voz á loita e defensa da pesca artesanal. É unha cuestión de dereitos, dereito ao traballo, a un entorno saudábel e vivo, e a unha alimentación de calidade”.
A deputada de En Marea rematou aludindo ás demandas da proposición, que pretende defender a toda a pesca artesanal de Galiza e do estado: unha definición de pesca artesanal consensuada co sector; que a pesca artesanal fique excluida dos TAC e dos sistema de cotas e se lles apliquen as devolucións cero;  políticas de protección e promoción do sector, mellora dos recursos e incentivación do consumo de produtos de calidade.