O goberno de Carmela Silva destina ás Neves dúas novas achegas por valor de preto de 175.000 € ao abeiro do Plan Concellos

As Neves recibiu xa o 36,9% do que a institución provincial pon este ano á súa disposición no marco do “Plan Concellos 2018-2019”
Por o 19/02/2018 | Sección: Deputación de Pontevedra
O goberno de Carmela Silva destina ás Neves dúas novas achegas por valor de preto de 175.000 € ao abeiro do Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar dúas novas achegas para As Neves ao abeiro da liña 1, de investimentos, do “Plan Concellos 2018-2019”. Con estes dous investimentos, As Neves recibirá un total de 174.498,35 euros para realizar obras de mellora en Cruceiro, na subida Igrexa e Pios así como para acometer novos investimentos nos camiños de paso en Pereiro, Covelo e Santa Eulalia de Batalláns.

Anteriormente, a Deputación de Pontevedra xa aprobara, a través dunha resolución presidencial, unha achega ao concello das Neves, tamén dentro da súa liña 1 de investimentos do “Plan Concellos 2018-2019”, de 45.146,58 euros para poder levar a cabo obras na parroquia de San Xosé de Ribarteme.

Xunto con esta achega, a institución provincial tamén xa tiña destinado ás Neves 122.318,53 euros para a contratación de 14 persoas que desenvolverán actividades relacionadas coa limpeza, fontanería, axuda no fogar, construción, actuacións forestais e administración no concello.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sinalou que “con estas dúas novas achegas, As Neves xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 36,9% do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2018-2019, que este ano pon a disposición da vila 926.900,17 euros”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.