O goberno local adica máis de 3 millóns a construír ou remodelar 11 parques infantís

A Xunta de Goberno adxudicou as obras de ampliación do parque infantil da rúa Venezuela o que suporá convertelo nunha área de recreo de case 1.000 m2. Xunto con esta remodelación, o Concello tamén está a traballar na reforma ou ampliación das seguintes zonas de xogo: Barreiro, Praza Independencia, Navia, Bouzas, Pedro Alvarado, Praza Elíptica, rúa Coruña, Jenaro de la Fuente, Navia Vella e Monte Vixiador. O orzamento supera os tres millóns de euros.
Publicado por o día 30/10/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local adica máis de 3 millóns a construír ou remodelar 11 parques infantís

O goberno local adxudicou provisionalmente as obras de ampliación do parque infantil da rúa Venezuela por un importe de case 600.000 euros, o que o converterá nunha área de case 1.000 m2. Este novo “macro parque infantil” no centro de Vigo será totalmente renovado e ampliado, cun novo pavimento, con caucho e novos xogos infantís e unha xardineira de 83 metros de lonxitude e 1,6 metros de ancho. Caballero lembrou que se redistribuirán os espazos da rúa Venezuela, de tal forma que o futuro parque infantil ocupará un dos carrís actuais de circulación e será máis “permeable” grazas a dos novos pasos de peóns nos extremos cunha ducia de balizas luminosas.

En rolda de prensa, o alcalde tamén deu conta un investimento de máis de 3 millóns na posta en marcha inmediata de outras “macro” zonas de recreo infantil: Barreiro e Praza Independencia (200.0000 euros cada un, cos proxectos xa aprobados); Navia e Bouzas (1,2 millóns e 200.000 euros, pendente de aprobar os proxectos); Pedro Alvarado e Praza Elíptica (500.000 e 320.000 euros, obras en proceso de licitación); rúa Coruña e Jenaro de la Fuente (fase de redacción dos proxectos) e por último, referiuse a obras de mellora nos parques de Navia Vella e no Monte Vixiador.

Fútbol sala
A Xunta de Goberno tamén deu luz verde ao proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Pontevedra de fútbol sala pola utilización das instalacións municipais para a realización do programa de dinamización de fútbol, Liga Concello de Vigo. Cun importe de 10.331 euros, disputaranse 25 partidos por fin de semana durante 29 semanas nos que participarán ao redor de 500 nenos e nenas.

O alcalde tamén deu conta da proposta de aprobación do proxecto de humanización de Vía Norte, entre Urzáiz e Escultor Gregorio Fernández, cun orzamento de 2,3 millóns e un prazo de execución de obras de 10 meses. Na mesma Xunta de Goberno tamén se deu luz verde á expediente de adxudicación da contratación do servizo de sinalización horizontal e vertical do Concello de Vigo, cun importe de 2,4 millóns.