O goberno local adicará case 2 millóns á adxudicación de 842 bolsas de inmersión lingüística

Abel Caballero deu conta esta mañá da contratación do programa “Vigo en inglés” que permitirá gozar dunha bolsa de inmersión lingüística a 842 estudantes. O investimento desde 2018 elévase a case 2 millóns de euros o que permitirá que este ano viaxen 100 alumnos máis que o ano pasado.
Por o 17/01/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O goberno local adicará case 2 millóns á adxudicación de 842 bolsas de inmersión lingüística

O goberno local contratou os servizos de xestión e organización do programa de inmersión lingüística “Vigo en inglés” que este ano permitirá viaxar a 750 estudantes da ESO e a outros 92 da Escola Oficial de Idiomas. Con case 2 millóns de euros, o Concello outorgará este ano 100 bolsas máis que en 2017 e reforzará o número de monitores cunha ratio dun responsable cada once alumnos. En rolda de prensa, Caballero eloxiou un programa “extraordinario” asegurando que non existe iniciativa similar en ningunha cidade de Europa. “Concedemos máis axudas de idiomas nós que Cataluña e Madrid xuntos” insistiu.

Emprego

A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde ás bases reguladoras e á convocatoria das subvencións para o fomento do emprendemento e consolidación empresarial a través do traballo colaborativo. Son 35.000 euros e están dirixidas a fomentar o emprego mediante o emprendemento ou a consolidación do mesmo, como pode ser o aluguer de espazos.