O goberno local apoia con 45.500 euros a reinserción sociolaboral das vítimas de violencia de xénero

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao convenio coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos, 45.500 euros de achega municipal para contratar a catro profesionais no acompañamento das mulleres, reinserción, a formación en xénero e concienciación social. Este acordo forma parte do Plan de Emprego do Concello, que ascende este ano a 5,5 millóns de euros.
Por o 20/04/2017 | Sección: Concello de Vigo,Vigo
O goberno local apoia con 45.500 euros a reinserción sociolaboral das vítimas de violencia de xénero

O goberno de Vigo aprobou este xoves o convenio de colaboración coa Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos para pontenciar o apoio ás vítimas de violencia de xénero, un acordo que ascende a 45.500 euros e que se enmarca no Plan de Emprego do Concello.

Segundo explicou Abel Caballero, co apoio económico municipal crearanse catro empregos para traballar no proxecto de acompañamento ás vítimas na súa reincorporación sociolaboral, intensificando a formación en xénero e a concienciación social. Este proxecto, engadiu o alcalde, se leva adiante durante o presente ano.

O convenio validado hoxe pola Xunta de Goberno Local forma parte dos 1.225.000 euros dos que dispón o goberno de Vigo para convenios de apoio á creación de emprego en entidades sen ánimo de lucro. O rexedor recordou ademais que o Concello dispón doutros 1.650.000 euros para creación de emprego pola vía da concorrencia competitiva. O Plan de Emprego do Concello de Vigo conta este ano con 5,5 millóns de orzamento.

Outros acordos
O goberno vigués tamén aprobou a clasificación de ofertas para o desenvolvemento das actividades físico deportivas do programa “Ximnasia para Persoas Maiores”, por importe de 38.000 euros. Abel Caballero valorou a “gran importancia” desta iniciativa, que promove a resistencia, flexibilidade, equilibrio, coordinación, velocidade e psicomotricidade dos usuarios de máis idade. Estas clases se imparten en grupos cun máximo de 25 persoas, nos pavillóns de Travesas, Lavadores e Teis.

Ademais, a Xunta de Goberno Local avanzou na contratación da prestación de servizos do programa “Vigo en Inglés 2017”, parte das bolsas de inglés que o Concello outorga a estudantes de ESO. Este contrato contempla 97 axudas de estudos en Irlanda ou Inglaterra cun importe de 196.000 euros. O alcalde recordou que o total para este ano ascende a 667 bolsas de inglés para alumnado de Secundaria, cun importe total de 1.655.000 euros.

Por último, o rexedor vigués validou a cesión durante seis meses dunha vivenda municipal para unha muller vítima de violencia de xénero. Transcorrido este tempo, apuntou Caballero, a cesión da vivenda pódese prorrogar en función das necesidades.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.