O concelleiro de Emprego, Santos Héctor, animou a todo Vigo a achegarse esta fin de semana á Terminal de Cruceiros onde se celebrará a XVIII edición de FranquiAtlántico Franquicias&Reuniones que nesta décimo oitava edición contará coa representación de 200 firmas. Nesta ocasión, o salón reforzará a súa aposta polos conceptos de negocio en franquicia deseñados para os emprendedores que desexan ter o seu propio espazo en formato autoemprego, xa que cada vez é maior o número de persoas que deciden emprender.
Unha vez máis, FranquiAtlántico se converterá no epicentro do negocio franquiciador e no nexo de unión entre empresas e futuros franquiciados, empresas, asociacións e organismos referentes no sector. Na rolda de prensa de presentación, tamén estiveron presentes, Raquel Robledo, directora da feira e Antonio Redondo, representa da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE).
Noticias de última hora en Vigo