O goberno local aproba a contratación do servizo de limpeza por máis de 72 millóns

A partir do abril de 2018 Vigo contará cun novo servizo de limpeza pública tras a aprobación da contratación por 72.142.950 euros durante dous anos, con dúas posibles prórrogas de un ano cada unha. Tal e como explicou o rexedor, o obxectivo é que Vigo sega a ser a cidade máis limpa de España cun servizo máis eficiente e sostible que, entre outras melloras, se verá reforzado no rural
Publicado por o día 23/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O goberno local aproba a contratación do servizo de limpeza por máis de 72 millóns

A partir do abril de 2018 Vigo contará cun novo servizo de limpeza pública tras a aprobación da contratación por 72.142.950 euros durante dous anos, con dúas posibles prórrogas de un ano cada unha. Tal e como explicou o rexedor, o obxectivo é que Vigo sega a ser a cidade máis limpa de España cun servizo máis eficiente e sostible que, entre outras melloras, se verá reforzado no rural. 

A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación dos servizos de limpeza pública viaria, recollida e transporte dos residuos domésticos na cidade de Vigo por un importe de 72.142.950 euros e un prazo de dous anos con posibilidade de dúas prórrogas dun ano cada unha. A previsión é que o contrato entre en vigor en abril de 2018.

Tal e como explicou o rexedor, para darlle flexibilidade e máis posibilidades ás empresas, o contrato está dividido entres lotes. O primeiro inclúe o mantemento, limpeza e reposición dos colectores, dos colectores soterrados e das papeleiras, incluíndo o seu baleirado; así como o mantemento e reposición da maquinaria e vehículos necesarios para a realización destas prestacións. O segundo lote abarca a recollida e transporte de residuos domésticos (orgánica e voluminosos, incluídos os RAEEs -Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos-);a xestión do punto limpo municipal; a limpeza urbana e de praias e a recollida e transporte dos residuos derivados destas labores de limpeza; así como o mantemento e reposición da maquinaria e vehículos necesarios para a realización destas prestacións. Por último, el terceiro, atende o mantemento, limpeza e reposición dos colectores para os residuos domésticos reciclables (papel-vidrio-envases-pilas), recollida e transporte do mesmos, recollida e transporte de roupa usada e aceites; así como o mantemento e reposición da maquinaria e vehículos necesarios para a realización destas prestacións.

O obxectivo desta contratación, dixo o rexedor, é manter e mellorar o estado da cidade que xa é “a máis limpa de España de España”, garantir a estabilidade de todos os traballadores das distintas concesionarias e introducir melloras como o reforzamento do servizo no rural. Por último, referiuse á importante incidencia na sostibilidade dos pregos, primando, por exemplo, o uso de maquinaria máis ecolóxica ou a recollida porta a porta nalgunhas zonas, o que redundará nun servizo máis eficiente.