O goberno local dispón 72 efectivos para a seguridade da procesión do Cristo da Victoria

A tradicional celebración, que percorrerá o centro da cidade, comeza o domingo ás 19:00 horas. O Concello aprobou tamén subvencións por valor de 21.000 euros
Publicado por o día 04/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Eventos,Galicia,Vigo

O goberno local dispón 72 efectivos para a seguridade da procesión do Cristo da Victoria

A tradicional celebración, que percorrerá o centro da cidade, comeza o domingo ás 19:00 horas. O Concello aprobou tamén subvencións por valor de 21.000 euros. 

O alcalde informou este venres do dispositivo mobilizado polo Concello de cara á procesión do Cristo da Victoria, un dos actos multitudinarios das festas do verán de Vigo, conformado por 56 axentes da Policía Local e 16 efectivos de Protección Civil, amais dos servizos especiais preparados para velar polo desenvolvemento do acto.

As celebracións comezan mañá sábado coa lectura do pregón do Cristo, a cargo de Eugenio González de Haz y Vizcaíno, que terá lugar o sábado ás 13:00 horas no Pazo de Castrelos. A procesión parte o domingo ás 19:00 horas desde a Concatedral de Vigo.

Ademais, Abel Caballero deu conta a aprobación na Xunta de Goberno Local do convenio de colaboración coa Asociación Colectivo Veciñal Curva San Gregorio para axudar a financiar os gastos do seu local social, por un importe de 5.000 euros. Tamén quedou aprobado o convenio de colaboración coa Orquestra Clásica de Vigo, de 16.000 euros, para a organización do programa de concertos 2017, como unha forma de “apoio á cultura viguesa”.