O Goberno local do Porriño apoia as reivindicacións das traballadoras e traballadores de Maderas Iglesias e esixe o mantemento dos seus empregos

Publicado por o día 20/02/2018 na sección de Galicia,O Porriño

O Goberno local do Porriño apoia as reivindicacións das traballadoras e traballadores de Maderas Iglesias e esixe o mantemento dos seus empregos

O Goberno local do Porriño está, como fixo sempre dende que empezara a actual conflito en Maderas Iglesias, a carón das traballadoras e traballadores e todas as accións de reivindicación que emprendan para que se manteña a actividade da empresa, que é clave para un sector estratéxico, tanto en Galicia como no sur da provincia de Pontevedra e especialmente no Porriño.

A alcaldesa, subliña o seu apoio “total e incondicional” ás xustas esixencias das empregadas e empregados de Maderas Iglesias, e reitera que o mantemento dos postos de traballo é un obxectivo xusto, lexítimo e irrenunciábel, e insta ao Goberno de Galicia a impulsar cantas medidas sexan precisas para acadar que non se perda un so emprego.

Este xoves, membros do Goberno local do Porriño acompañarán ás traballadoras e traballadores que cubrirán a pé a distancia que separa a fábrica, situada na estrada de Atios a Pontellas, da Delegación da Xunta de Galicia en Vigo.